Mapa SuperTUx

















DESCRICIÓN:
Karts. Nitro. Acción! SuperTuxKart é un corredor arcade de código aberto en 3D cunha variedade de personaxes, pistas e modos para xogar. O noso obxectivo é crear un xogo máis divertido que realista e ofrecer unha experiencia agradable para todas as idades.
No modo Historia, debes enfrontarte ao malvado Nolok e derrotalo para pór a salvo o reino das mascotas unha vez máis. Podes correr por ti mesmo contra o ordenador, competir en varias copas de Gran Premio ou tentar bater o teu mellor tempo no modo Contrarreloxo. Tamén podes competir ou loitar con ata oito amigos nun único ordenador, xogar nunha rede local ou xogar en liña con outros xogadores de todo o mundo.

