2048


DESCRICIÓN:
Xoga o xogo 2048 altamente adictivo. GNOME 2048 é un clon do popular xogo de crebacabezas para un só xogador. O xogo consiste en unir números nunha cuadrícula e obter a ficha 2048.
Usa as frechas do teu teclado para desprazar todas as pezas na dirección desexada. Teña coidado: todas as fichas deslízanse ata as posicións máis afastadas posibles, non podes desprazar só unha ficha ou unha fila ou columna. As fichas co mesmo valor únense cando se deslizan unhas sobre as outras.
Con cada ficha nova obtida aumentas a túa puntuación. Se cres que podes conseguir facilmente a ficha 2048, non deixes que te deteña, o xogo non remata aí, podes seguir unindo fichas e mellorando a túa puntuación.
Creado orixinalmente por Gabriele Cirulli, 2048 gañou moita popularidade debido a que é moi adictivo. O 2048 de Cirulli é á súa vez un clon do xogo 1024 e inclúe ideas doutros clons.

