gtk-gnutella







DESCRICIÓN:
GTK-gnutella é un servidor/cliente para a rede peer-to-peer de Gnutella.
É un servidor de Gnutella con todas as funcións deseñado para compartir calquera tipo de ficheiro que o usuario queira compartir. gtk-gnutella implementa conexións de rede gnutella comprimidas, nodos ultra e folla, compartición parcial de ficheiros, proxies push e usa a cola remota activa/pasiva (PARQ).
Cando o tráfico UDP está activado, aumentará o conxunto de funcións: recepción de consultas fóra de banda, pings e pongs HEAD, buscas de táboas de hash distribuídas (DHT) para atopar fontes alternativas e proxy push.
É compatible con todos os demais servidores de Gnutella doutros vendedores: unirase á mesma rede e intercambiarase con outros sen problemas.

