Palapeli é un xogo de crebacabezas para un só xogador. A diferenza doutros xogos deste xénero, non te limitas a aliñar pezas en cuadrículas imaxinarias. As pezas son movibles libremente. Ademais, Palapeli presenta unha persistencia real, é dicir, todo o que fas gárdase no teu disco inmediatamente.

