Tamén coñecido como Totem, Videos é un reprodutor de películas deseñado para GNOME. …
KhangMan
KHangMan é un xogo baseado no coñecido xogo do verdugo. Está dirixido a nenos a partir de seis anos. O xogo ten varias categorías de palabras para xogar, por exemplo: Animais (palabras animais) e tres categorías de dificultade: Fácil, Medio e Difícil. Escóllese unha palabra ao chou, escóndense as letras e debes adiviñar a palabra probando unha letra tras outra. Cada vez que adiviñas unha letra equivocada, debúxase parte da imaxe dun verdugo. Debes adiviñar a palabra antes de ser aforcado! Tes 10 intentos.
...
Quadrapassel
Quadrapassel vén do clásico xogo de bloques en caída, Tetris. O obxectivo do xogo é crear liñas horizontais completas de bloques, que desaparecerán. Os bloques teñen sete formas diferentes feitas de catro bloques cada un: un recto, dous en forma de L, un cadrado e dous en forma de S. Os bloques caen desde o centro superior da pantalla nunha orde aleatoria. Xiras os bloques e móveos pola pantalla para soltalos en liñas completas. Marcas deixando bloques rapidamente e completando liñas. A medida que a túa puntuación aumenta, subas de nivel e os bloques caen máis rápido. …

