Kturtle


DESCRICIÓN:
KTurtle é un ambiente de programación educativa para aprender a programar. Ofrece todas as ferramentas de programación desde a súa interface de usuario. A linguaxe de programación utilizada é TurtleScript, que se basea libremente en Logo. Todos os comandos e mensaxes están traducidos ao idioma do usuario. KTurtle presenta un resaltado de sintaxe intuitivo, mensaxes de erro sinxelas, lenzo integrado para facer debuxos, axuda integrada, cámara lenta e execución de pasos.

