Mira


DESCRICIÓN:
Kig é un software interactivo de matemáticas para aprender e ensinar xeometría. Permite explorar figuras e conceptos matemáticos usando o ordenador e tamén pode servir como ferramenta de debuxo para figuras matemáticas. Pódense facer construcións con puntos, vectores, liñas e polígonos e todos os elementos pódense modificar directamente co rato. Kig axuda a profesores e estudantes a facer conxecturas e a comprender como demostrar os teoremas xeométricos.

